Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Galician Poetry & Prose. A Trilingual Anthology
[07/07/2011]
A revista electrónica estadounidense "Big Bridge" inclúe no seu número 15 unha antoloxía de textos galegos de poesía e de prosa traducidos ao castelán e ao inglés.

Co obxecto de dar a coñecer a literatura galega actual a un público pouco afeito a ela, F. R. Lavandeira encargouse de seleccionar once autores e autoras contemporáneaos, entre os que figuran Miro Villar, María do Cebreiro, Inma López Silvia ou Anxos Sunai. A tradución ao castelán foi tamén incluída en atención aos lectores hispanos da revista.

Tradución galego-castelán: F. R. Lavandeira

Tradución castelán-inglés: Terri Carrión

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org