Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Memorias do grupo Brais Pinto
[05/07/2011]
O próximo outono publicarase na colección Crónica de Xerais a obra de Xosé Fernández Ferreiro "De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde".

Xosé Fernández Ferreiro, integrante do grupo Brais Pinto e membro electo da Real Academia Galega desde comezos de xuño, retrata neste libro o contexto e as vivencias do grupo Brais Pinto e tamén de Xente Nova, un colectivo que el mesmo creou en Ourense e que foi o seu antecedente.

Na entrevista realizada polo Xornal de Galicia, Fernández Ferreiro destacou que "o grupo era importante, pero non só por publicar en galego en Madrid cando non se facía nin en Galicia. Foi importante polo que fixeron a nivel individual cada un dos seus membros", referíndose entre outros a Méndez Ferrín, Reimundo Patiño, Bautista Álvarez, Herminio Barreiro, Bernardino Graña ou Ramón Lorenzo. O autor afirma que o espírito revolucionario deste colectivo de intelectuais nacido nos anos cincuenta e que atravesou o "deserto da posguerra" durante corenta anos segue vivo hoxe xa que "o home ten que ser un pouco revolucionario, ten que ser un pouco inconformista".

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org