[Desde o 5 de outubro do 2011 existe unha segunda edición ampliada]
Constituíronse os catro apartados seguintes:
Preséntanse dous números especiais de 1997 das revistas Luzes de Galiza e Dorna, publicacións que xa editaran poemas de Lois Pereiro na década anterior. As dúas revistas puxeron a dispor dos lectores artigos e entrevistas. Entre os primeiros, os asinados por Fermín Bouza, Suso de Toro, Manuel Rivas e Fidel Vidal (en Luzes de Galiza), e os de Carmen Blanco, Olga Novo, Chus Pato e Teresa Seara (en Dorna). Entre as entrevistas, as que Pereiro mantivo con Manuel Rivas (Luzes de Galiza) e con Ana Romaní (Dorna).
2.1. Artigos de Arturo Casas (2010), X. L. Méndez Ferrín (2011), Xurxo Lobato e Antón Losada (1995), Carlos Paulo Martínez Pereiro (2003), Franck Meyer (1996), Carlos Pérez Varela (1999), Manuel Rivas (1996), Xavier Seoane (1985) e Mirta Suquet Martínez (2011). Neles abórdanse distintos aspectos da obra poética de Lois Pereiro ou achéganse panorámicas máis globais.
2.2. Recensións do primeiro poemario de Lois Pereiro (Poemas 1981/1991) a cargo de Xesús González Gómez (1992) e de Manuel Rivas (1993); recensións do segundo libro (Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995) asinadas por Helena González Fernández (1996) e por Teresa Seara (1996); e incluso un comentario da narrativa breve (Naúfragos do Paradiso), relacionada coa poesía, da autoría de Carlos Paulo Martínez Pereiro (1997).
2.3. Entrevistas a Lois Pereiro preparadas por M. Caballido (1990), Darío Janeiro (1996), Rocío Pernas (1996) e Manuel Rivas (1985).
3.1. Recóllense baixo esta epígrafe o recital celebrado no Pub Moka da Coruña (1996) e a lectura de varios poemas no verán de 1984, ofrecidos por Radiofusión. 3.2. Fotografías da presentación da obra da editorial Ouvirmos Lois Pereiro. Fotobiografía sonora (2001).
Inclúe dous vídeos preparados por TingaLaranga Audiovisual a partir da presentación da Fotobiografía sonora no bar Borrazás da Coruña (2011), outro editado por Luís Aldegunde (2011) con voces próximas a Lois Pereiro e un último editado con motivo do aniversario da presentación de De amor e desamor (2010).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org