Inicio > equipo > Montserrat Pena

Montserrat Pena

Montserrat Pena Presas é licenciada en Filoloxía Galega, DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Na actualidade escribe a súa tese de doutoramento sobre estudos de xénero e literatura xuvenil, tarefa que compaxina coa crítica literaria en diferentes xornais e revistas especializadas e coa redacción de materiais didácticos. En 2009 obtivo unha bolsa da International Youth Library de Múnic para completar a súa investigación de doutoramento. A poesía galega, especialmente a contemporánea, é dende sempre unha das súas áreas de interese.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org