Inicio > equipo > Miro Villar

Miro Villar

Miro Villar é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Profesor de Lingua e Literatura Galega. Cofundou o Batallón Literario da Costa da Morte. En poesía publicou Ausencias pretéritas (1992), 42 décimas de febre (1994), Abecedario da desolación (1997), Equinoccio de primavera (1998) e Gameleiros (2002). Autor dos estudos: Gonzalo López Abente. Antoloxía poética (1995), Unha lectura d'O soño sulagado (1998), Roberto Blanco Torres. Orballo da medianoite (1998), A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (1998), Indo para máis perto. A señardade no puño de Alexandre Cribeiro (2004), A roseira da soidade de Antón Zapata García (2005) e Poesía galega completa e textos en prosa de Emilio Álvarez Blázquez (2005).

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org