Margarita García Candeira é licenciada en Xornalismo e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Teoría da literatura e Literatura comparada pola mesma institución cunha tese sobre a lectura da tradición moderna, de Baudelaire a Gil de Biedma, na obra de Luis García Montero. Cunha bolsa da Fundación Caixa Galicia e do Cambridge European Trust estudou Literatura e Cultura Europea na Universidade de Cambridge. Traballou como bolseira de FPU na área de Teoría da literatura e Literatura comparada da USC. Na actualidade exerce como profesora contratada no Departamento de Filoloxía Española e as súas Didácticas da Universidad de Huelva.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org