Inicio > equipo > Isaac Lourido

Isaac Lourido

Isaac Lourido Hermida. Licenciado en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galega e doutor en Teoría da literatura e Literatura comparada cunha tese titulada As alternativas sistémicas da Historia literaria en situación de conflito cultural, aplicada a casos como o quebequense, o belga e en particular o galego. Forma parte do Grupo Alea de Análise Poética e da rede internacional de investigación Poetics of Resistance. Ten publicado distintos traballos de investigación e crítica en revistas e suplementos literarios como Agália, Grial ou Protexta. Na actualidade é profesor na Universidade Nova de Lisboa.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org