Inicio > equipo > Helena González

Helena González

Helena González Fernández é profesora titular de literatura galega e investigadora do Centre Dona i Literatura na Universidade de Barcelona. As súas liñas de investigación céntranse na crítica literaria feminista, a literatura galega contemporánea e mais as relacións culturais entre Galicia e Cataluña. É codirectora de Lectora. Revista de Dones i Textualitat. Colabora como crítica literaria na revista Grial. Entre os seus traballos recentes cómpre salientar Género y nación. La construcción de un espacio literario (Icaria, 2009), a edición da correspondencia de Ramón Piñeiro i Basilio Losada, Do sentimento á conciencia de Galicia (Galaxia, 2009) con M. Xesús Lama, Palabras extremas: escritoras gallegas e irlandesas de hoy (Netbiblo, 2008), coordinado con Manuela Palacios, a edición do inédito Más allá del tiempo de María Mariño (Alvarellos, 2007), Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (Xerais, 2005), así como artigos nos volumes colectivos Escrituras de la sexualidad (Icaria, 2008), Políticas del deseo (Icaria, 2007) e Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf (Sotelo Blanco, 2003).

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org