Dolores Vilavedra é profesora de literatura galega na USC, exerce a crítica literaria tanto en medios informativos coma especializados. Membro do consello de redacción de Grial e do Anuario de estudos literarios galegos ata o seu peche.
Como investigadora está centrada na narrativa e o teatro contemporáneos. Entre as súas publicacións salientan Historia da literatura galega (1999) e A narrativa galega na fin de século (2010) ou a edición de epistolarios de intelectuais de posguerra, como o Epistolario de Ricardo Carballo Calero a Fernández del Riego (2006). Dirixiu o equipo que elaborou o Diccionario da literatura galega, publicado entre 1995 e 2004.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org