Arturo Casas, editor da base de datos e repositorio dixital poesiagalega.org e investigador principal do proxecto de investigación poesiagalega.org. Constitución e xestión dun repositorio dixital da poesía galega (séculos XIX-XXI) no campo cultural (09SEC022204PR), é profesor titular da área de Teoría da literatura e Literatura comparada da USC, onde tamén ensina Socioloxía da literatura e dirixe o Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE). Os seus campos actuais de estudo son en especial a metodoloxía e renovación da Historia literaria e a poesía no espazo público. Entre as súas publicacións recentes figuran a coordinación dos libros Performing Poetry: Rhythm, Place and Body in the Poetry Performance (2011, Rodopi, con Cornelia Gräbner) e Resistance and Emancipation: Cultural and Poetic Practices (2011, Peter Lang, con Ben Bollig).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org