Ana Acuña é doutora en Filoloxía Galega. Foi profesora lectora de Lingua e literatura galegas na Universidad Complutense de Madrid e no Centro Asociado da UNED en Pontevedra, actualmente exerce na Universidade de Vigo. Os seus estudos céntranse na literatura popular de transmisión oral, na literatura galega en Madrid e nos escritores pontevedreses ou vinculados a esta cidade. Pertence ao comité editorial da Revista de Investigación en Educación, ao consello de redacción de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos e ao consello asesor de Culturas Populares. Revista Electrónica.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org