Inicio > equipo > Alba Cid

Alba Cid

Alba Cid (Ourense, 1989) licenciouse en Filoloxía Galega no 2012, cursando tamén os segundos ciclos de Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, remata un mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura e é bolseira de colaboración en Departamento. Foi bolseira do Servizo de Normalización Lingüística da USC. É membro do consello de redacción de Dorna. Publicou creación e artigos sobre literatura e sociolingüística en diferentes revistas e plataformas (Grial, Dorna, Agália e neste mesmo repositorio dixital). A poesía contemporánea é unha das súas áreas de interese.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org