Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Costa, Xosé María (1986)
[Autopoética sen título]
Non todo na auga é silencio: pp. 7.
Barcelona: Sotelo Blanco Edicións.

Nota autopoética de Xosé María Costa para Non todo na auga é silencio, oitavo volume da colección Leliadoura, que contou cun limiar de X.L. Méndez Ferrín titulado "Salutación ao triste". Costa describe o seu propósito como poeta e asóciao ao logro dun clima discursivo persoal que saiba indagar nas sensacións que marcaron a experiencia no pasado e que ficaron como pegada viva no presente. Perfílase así unha poética da temporalidade íntima e da sentimentalidade na que o propio poeta destaca o peso específico de termos e conceptos como desexo, esperanza, alegría, melancolía, nostalxia e outros.

Bibliografía secundaria sobre:
Costa, Xosé María.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org