Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Adaptación dunha conferencia de Anxo Angueira na que comeza resumindo a historia de Galicia en tres etapas. Na última, o Rexurdimento, concentraríanse "as claves que explican a proxecto político emancipador e a literatura que o acompaña".

O estudoso concreta as súas palabras na obra de Rosalía de Castro, pois Cantares gallegos permite facer unha análise das tensións do sistema literario galego. Por unha parte, Rosalía inaugura un fío ao "inventar" unha paisaxe galega e utilizala contra a lenda negra castelá. Se a paisaxe da poeta é doce, a de Eduardo Pondal é unha terra brava onde o celtismo se opón ao iberismo.

Por outra parte, os Cantares gallegos resolven unha tensión entre o popular e o culto a través dunha transgresión do primeiro termo.

O sistema literario emerxente afianzouse, segundo Angueira, con Follas novas, pois esta obra supón unha tensión entre o eu e o eu muller e entre o eu e o nós.

Angueira exemplifica con outros autores como a poesía galega de onte a hoxe se foi mantendo nesas tensións.

Bibliografía secundaria sobre:
II Festival Internacional de Linguas e Literaturas Neolatinas (Recife-Brasil); historia de Galicia; Rexurdimento; Ilustración; Castro, Rosalía de; Cantares Gallegos; Pimentel, Luís; Méndez Ferrín, X. L.; Franco; Francisco; Éluard, Paul; Prestige; Salgado, Daniel; Góngora, Luis de; Otero Pedrayo, Ramón; Pondal, Eduardo; DRIL [Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]; Rosa, Joao Guimaraes; Códax, Martín; Pereiro, Lois; Treez, Nuno; Teixeira de Pascoaes; Pereira Teixeira de Vasconcelos, Joaquim; Manuel Antonio; Risco, Vicente; Os libros arden mal; Rivas, Manuel; García Lorca, Federico; Cabanillas, Ramón; Cunqueiro, Álvaro; Cabana, Darío Xohán; Máis alá; Curros Enríquez, Manuel; Semana de Arte Moderna de Brasil; De catro a catro; Nova Narrativa; Joyce, James; Kafka, Franz; Faulkner, William; Nouveau Roman; Robbe-Grillet, Alain; Rompente; Rábade, María do Cebreiro; Murguía, Manuel; Risorgimento; Garibaldi, Giuseppe; Mazzini, Giuseppe; Alighieri, Dante; O divino sainete; Bajtin, Mijail; Camoes; Luís de; Faria, Jorge Leal Amado de; Pepetela; Pestana dos Santos, Artur Carlos Maurício; Mia Couto; Leite Couto, António Emílio; Pessoa, Fernando; Verde, José Joaquil Cesáreo; Eugénio de Andrade; Fontinhas, José ; Heaney, Seamus; Xeración Nós; Walcott, Derek; Soyinka, Wole; Darwish, Mahmud; Blanco Amor, Eduardo; Simbad; Merlin; Cavalcanti, Guido; Petöfi, Sándor; Hölderling, Friedrich; Godwison, Harold; Follas novas; Sábato, Ernesto.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org