Percorrido pola traxectoria poética alternativa de Xosé María Álvarez Cáccamo, que desde finais dos anos 80 aposta pola creación obxectual e caligráfica, achegando o seu traballo á tradición poética que arrinca do surrealismo e do dadaísmo.
As súas obras Manuscritos do ar e Cántico de topónimos esdrúxulos están feitas de poemas manuscritos que combinan cores e formas, pois Cáccamo afirma que lle gusta "o acto físico de escribir a man", xogar cos letrismos e abrir o diálogo entre poesía e pintura.
A difusión deste tipo de material, en ocasións próximo ás esculturas, afástase da edición convencional, publicándose en pequenas tiraxes de editoriais como Bourel ou mostrándose en exposicións.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org