Capítulo no que Anxo Angueira fai un percorrido pola recepción da figura e da obra de Rosalía de Castro dende o século XIX ata o XXI. Para o estudoso, primeiramente triunfaron as visións da poeta como "rola", "santa", "nai", "saudosa" (coas excepcións dos poemas de Manuel Curros Enríquez e de Luís Pimentel), e non sería ata os anos setenta e oitenta do século XX cando se recoñece a Rosalía patriota, nacional e feminista.
Conclúe Angueira que Rosalía "resulta inesgotábel" porque cada xeración que se lle achega pode "atopar nela aspectos nunca vistos" e que desmontan tópicos.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org