Anxo Angueira estuda un poema de Rosalía de Castro incluído na segunda edición de Cantares gallegos (1872) e que comeza co cantar popular "miña santiña / miña santasa..."
O autor percorre, en primeiro lugar, as lecturas que tivo o poema dende Ricardo Caballo Calero, Andrés Pociña e Aurora López, Francisco Rodríguez e Catherine Davies. A continuación aborda cuestións ecdóticas, a presenza do cancioneiro popular galego no texto e a tipoloxía do cantar dialogado empregado. A seguir fai unha profunda lectura do poema por unidades dialóxicas, incluíndo unha análise lingüística, léxica e literaria; estuda os dous personaxes protagonistas (costureira e santa) e compara coa obra de Antonio Trueba, a quen Rosalía cita no prólogo.
Angueira conclúe indicando que o poema de Rosalía recolle o contexto do cantigueiro popular pero revírao na defensa da costureira, da súa clase e da súa dignidade. Desta maneira, baixo unha aparencia folclórica, costumista e tradicional ocultaríanse posturas transgresoras vinculadas a unha ideoloxía laica, progresista e protonacionalista.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org