Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Eyré, Xosé M. (2008)
"Cal é a tecnoloxía dun poema?" [recensión do libro de Chus Pato Hordas de escritura, 2008]
A Nosa Terra: 1303, (27/03/2008). pp. 32-33.

Recensión de Hordas de escritura na que se encadra o libro na "pentaloxía" Método. Saliéntase a indagación sobre o feito poético e as mudanzas que este experimenta. Repárase no proceso de desdobramento e no diálogo establecido cos personaxes, coa propia escritura, co lector ou lectora e coa lingua, a literatura e a arte, advertindo sobre a menor intensidade da presenza de obras literarias alleas. Chámase ademais a atención sobre a proximidade á crónica, e tamén sobre o retorno, na segunda parte do volume, a escenarios que resultan familiares. O rexurdimento do compromiso social e a reivindicación da faciana animal do ser humano son tamén obxecto de comentario. A recensión conclúe coa consideración do libro como unha reflexión sobre a escritura, o mundo e a sociedade.

Bibliografía secundaria sobre:
Pato, Chus; Hordas de escritura.
 
eyre_2008_pato.pdf (.pdf 455 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org