Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Eyré, X. M. (2008)
"A procura da poesía na vida cotiá" [recensión do libro de Eduardo Estévez Construcións, 2008]
A Nosa Terra: 1336, (04/12/2008). pp. 32.

Recensión de Construcións, de Eduardo Estévez, que comeza cunha alusión á polémica na que se viu envolto o libro tras serlle retirado o premio Miguel González Garcés. Tal circunstancia relaciónase con outros aspectos deliberadamente polémicos do libro, como a ausencia de ornato poético, a tendencia á narratividade ou a fuxida dos recursos poéticos típicos. Fronte a isto, o autor da recensión fai unha defensa da condición poética dunha obra que, na súa opinión, busca a poesía na vida cotiá. Alén disto, cualifica o libro de ousado, vangardista e mininimalista, ao tempo que salienta o reto de "construír unha historia baixo a forma poética máis simple imaxinábel".

Bibliografía secundaria sobre:
Estévez, Eduardo; Construcións.
 
eyre_2008_estevez.pdf (.pdf 422 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org