A recensión sitúa o poemario no ronsel da revisión dos mitos clásicos levada a cabo polas poetas dos 90, revisión que ás veces recorre á estratexia de emprazar os personaxes nun tempo máis achegado ao lector, como acontece neste libro de Carlos Negro. Seara explica polo miúdo a historia de Helena e Paris, que Héleris subvirte en moitos aspectos. Así os personaxes míticos reconvértense aquí en dous seres anónimos que nacen na Galicia dos 40 e que vivirán unhas vidas perfectamente anodinas, lonxe das paixóns que marcarían as vidas dos seus referentes gregos. O poemario constrúese logo tamén, como amosa a recensión, nun percorrido pola historia cotiá da posguerra galega.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org