Neste artigo de homenaxe, Anxo Angueira aborda o subxénero poético do testamento na literatura galega a través da Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Despois de facer un percorrido pola historia do subxénero dende a poesía medieval francesa, o autor exemplifica co "Testamento do ghebo" de Méndez Ferrín varios poemas de Pondal (sobre todo "Cando jazan do cisne") e "De balde" de Rosalía.Angueira analiza as semellanzas e as diferenzas entre os tres poetas galegos e advirte interesantes paralelismos relacionados coa literatura francesa.
Remata indicando que Méndez Ferrín dialoga co subxénero do testamento a través do seu perfil máis emblemático (Villon, Valle, Brassens) e consegue que "o Vigo canalla e mailo ghebo" entren "na República Mundial das Letras".
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org