Recensión da antoloxía poética de Vicente Araguas que recolle poemas dos oito libros de poesía galega que saíron da súa pluma ata 1999: Paisaxe de Glasgow (1978), Ás veces en domingo abonda coa tenrura (1980), Poemas pra Ana Andrea (1982), Xuvia (1983), Caleidoscopio (1988), Camposanto (1994), O gato branco (1995) e Río matinal (no prelo cando se fai esta recensión). A selección e as versións en castelán dos poemas corren a cargo do propio autor. O libro acompáñase dun limiar de Fermín Bouza Brey. Alúdese e cítanse palabras de Amalia Iglesias, Carmen Mejía, Alonso Caparrós e o propio autor na presentación do libro na Galería Sargadelos de Madrid. Esta antoloxía é boa mostra da evolución do poeta desde 1978 ata finais dos 90, desde unha poesía inmediata e próxima á canción a unha poesía mediata, con depuración formal progresiva, epicidade a partir do cotián e utilización de visións e imaxes para dar conta do mundo e a mirada do poeta sobre el.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org