Luz Pozo Garza percorre os significados do símbolo da "negra somba" que achegaron varios estudosos. Ela sostén que simboliza vivencias dolorosas e obsesivas dun amor frustrado. Considera que hai unha actitude oscilante antitética de repulsa e de compracencia no ánimo da poeta, e que nesta polaridade radica grande parte da beleza do poema. O artigo comeza coa confirmación, a través do Dicionario de Eladio Rodríguez e as prácticas de curación dos "asombrados" en templos como Santa María de Adina, da relación que estableceu Tomás Barros entre o significado da sombra en Rosalía de Castro e o trasmundo supersticioso da cultura popular galega. Coida que a poeta usou con plena consciencia a alusión aos "asombramentos".
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org