O artigo ofrece a edición dun poemario inédito de Emilio Álvarez Blázquez titulado "Poemas e cantigas". O manuscrito atópase depositado na biblioteca da Universidade de Santiago e o artigo achega, ademais da transcrición do texto (que fora premiado en 1963 no certame do Centro Gallego de Buenos Aires), datos que explican o nacemento e posterior descoñecemento do volume, un comentario das principais carecterísticas retóricas e métricas dos poemas e un estudo de variantes daqueles textos que aparecerían incluídos noutras publicacións.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org