A autora fai uso de fontes documentais diversas, con especial presenza das entrevistas, para analizar o grupo poético Bilbao. integrado por "madrygalegos" –de acordo co termo creado por Raimundo García Domínguez, "Borobó"– que entraron en contacto nos anos 90 polas reunións mensuais no Café Comercial da madrileña glorieta de Bilbao: Manuel Pereira, Vicente Araguas, Xavier Frías, José M. Outeiro, Fermín Bouza, Vicente Araguas, Crisanto Veiguela, Claudio Pato. Amósanse os antecedentes históricos para a contextualización da actividade literaria dos galegos en Madrid, facendo fincapé en dúas constantes: a importancia, na formación de grupos literarios e culturais, que tiveron os galegos que realizaban estudos universitarios na cidade, e a súa consecución de medios de expresión poética axeitados. Conflúen no grupo Bilbao diferentes poetas das xeracións dos 70, 80 e 90. Publican na Colección Roibén, posteriormente vinculada á Asociación Celso Emilio Ferreiro (ACEF), e vincúlanse a outros proxectos, como a 2ª Xeira de Loia, ou a revista Madrygal da Universidade Complutense. Cómpre ter presente que a autora, Ana Acuña, pertence a este grupo Bilbao en calidade de crítica literaria que axudou a institucionalizalo, mesmo despois de finalizar o seu período de leitorado de galego na Universidade Complutense.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org