Catálogo da exposición sobre o movemento contracultural desenvolvido na Coruña na década de 1980. Comisariada por Xosé Manuel Pereiro, a exposición tivo lugar desde o 19 de abril ao 17 de maio de 2011, na Sala de Exposicións do Pazo Municipal. No catálogo recóllense as principais liñas de forza da denominada Movida Atlántica: a aparición de determinadas publicacións de difusión alternativa como La Naval ou Tintimán, a efervescencia de novos grupos e locais musicais que incorporaban os fluxos internacionais do rock e do punk ou o recoñecemento de procesos de renovación nos ámbitos do audiovisual, o deseño gráfico ou as artes escénicas. Máis alá da súa relación con procesos análogos experimentados en Madrid, o catálogo preocúpase por marcar as especificidades do movemento na cidade da Coruña a partir da idea do Atlantismo. Concédeselle un protagonismo especial á figura e á obra de Lois Pereiro e á súa sintonía coas propostas e espazos alternativos referidos, no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org