Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Raña Lama, Román (2000)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 24, pp. 219-226.

Autopoética acompañada dunha serie de doce poemas inéditos, once dos cales son sonetos, escritos no ano 1983, cando o autor concluía os seus estudos universitarios en Compostela. Román Raña Lama remite para un coñecemento máis pormenorizado das súas conviccións e propósitos poéticos aos lugares nos que ao longo do tempo desenvolveu unha reflexión sobre a súa poética: revistas e limiares aos propios libros de poemas. Con todo, detalla no comezo deste texto que o quefacer poético consiste no acto de nomear aquilo que nos estremece, fixándose neste exercicio o poeta o cometido de lograr no verso o ritmo que mide a paixón. A serie é representativa dunha poética culturalista e intertextual a través da cal son revisitados mitos, crenzas e caracteres, pautando sempre un correlato entre soños, ficción e verdade. 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org