Entrada de enciclopedia, máis ampla e sen as grallas coa que foi impresa, sobre o poeta pontevedrés Xoán Vidal Martínez (1904-1994), mestre en Galicia e Canarias, ligado á xeración poética de 1925 e creador das revistas Hebe, en 1920, canda Modesto Bará e Alfonso Lois; Alborada, en 1922, con Luís Amado Carballo e Ramón Cabanillas; e Cristal, de 1932-33. Membro desde 1924 do parladoiro da “Fillagosa”, autor do manifesto lírico “Evasión” (1925), recompilador de literatura popular. Na súa obra distínguense as seguintes etapas: tradición, dadaísmo ultraísta, hilozoísmo e intimismo. Autor de Mágoas (1921), Alcor (1927), Los senderos inútiles (en castelán, 1956), Voz y memoria (antoloxía bilingüe, 1986), Palabra llana (parcialmente inédito).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org