Tentativa de interpretación da "negra sombra" do poema homónimo de Follas Novas de Rosalía de Castro. Salvador Lorenzana, pseudónimo de Francisco Fernández del Riego, acorda coas interpretacións, que matiza ao seu xeito, de R. Carballo Calero, D. García Sabell e F. Bouza Brey. Trátase, di, dun motivo lírico que simboliza, como mala lembranza do seu pasado e como desacougo existencial, todo o pensamento rosalián.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org