Limiar dunha das responsables desta antoloxía de 16 poetas da emigración en Madrid, que se pecha cun epílogo de Borobó, creador do termo “madrigalego”: Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Díaz Castro, Sabino Torres, Reimundo Patiño, Xosé Alexandre Cribeiro, Antonio Domínguez Rey, Fermín Bouza Álvarez, Vicente Araguas, César Antonio Molina, Manuel Pereira, Alfonso Armada, Claudio Pato, Xavier Frías, Maite Dono, José Manuel Outeiro, Victoria Veiguela. Cun rico apoio documental enfíase unha cronoloxía dupla: a do acontecer literario galego en Madrid: grupo Brais Pinto, Galería/Librería Sargadelos, asociacións Irmandade Galega e Lóstrego, dúas xeiras da revista Loia, colección Hipocampo Amigo, grupo poético Bilbao, colección Roibén, Asociación Celso Emilio Ferreiro e a Xeración da Sétima. E a cronoloxía literaria da Galicia interior: Xeracións (no sentido de “diversidade de expresións”, de acordo con Manuel Rivas) do 36, do 50, do 80 (coa subdivisión en “grupo do 68 e grupo do 75”, de acordo con Vicente Araguas), Xeración de entremedias e Xeración do 90. En ambas cronoloxías sitúanse tanto os grupos de poetas como os “camiños senlleiros” de autores que seguen unha traxectoria particular, segundo denominación de M. Xesús Nogueira.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org