Descrición: Gravación sonora da entrevista feita por Ana Romaní a Lois Pereiro na Radio Galega, co gallo da publicación de
Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, emitida o 5 de xaneiro de 1996. Ábrese e péchase coa lectura por parte da entrevistadora de dous poemas de Pereiro e ademais intercálase a lectura doutros dous. Na conversa ambos os dous afondan no significado do libro, no seu proceso de elaboración, na súa estrutura e métrica e na relación que mantén co anterior (
Poemas 1981-1991, 1992). Lois Pereiro reflexiona tamén sobre o seu xeito de entender a poesía, a súa formación literaria e as coordenadas da poesía galega coeva.
Tipo de son: Audio informativo
Fonte: Radio Galega (Blog do Diario Cultural)
Metadatos: Pereiro, Lois;
Poesía última de amor e enfermidade;
Poemas 1981-1991;
Celan, Paul;
Baudelaire, Charles;
Loia.