Vicente Araguas e Xavier Frías inician o seu artigo indicando que a sorte da literatura galega está fortemente ligada á da lingua e por iso repasan o contexto sociolingüístico de Galicia dende a Guerra Civil.
A continuación céntranse nos escritores que traspasan as fronteiras galegas grazas á tradución da súa obra a outras linguas. Máis adiante, etéñense en "autores esenciais" para a poesía galega de hoxe (Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra e Manuel María), en poetas da xeración do 68 (Fermín Bouza, Xosé María Álvarez Cáccamo e Vicente Araguas), da xeración do 75 (Claudio Rodríguez Fer, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte e Luís Tosar) e a de fin de milenio ou de 2000 (onde destacan mulleres -Emma Couceiro e Yolanda Castaño- e homes -Rafa e Miro Villar, Claudio Pato, Estevo Creus e Xavier Frías).
O traballo remata cunha selección bilingüe (galego e francés) de poemas dos dous autores.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org