Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Heinze de Lorenzo, Ursula (1996)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 15/16, pp. 259-262.

Baixo o título de "Autopoética" preséntase un poema anafórico en 41 versos que reiteran a fórmula "escribir é..." completándoa con cadanseu infinitivo, orixinando deste xeito unha proposta calidoscópica, con visos mesmo de caótica e antitética, centrada na concepción do que é a escrita. Escribir equipárase nesta serie a vivir e a morrer, a ir e a vir, a calar e a berrar, a confesar e a mentir... O texto acompáñase cun relato cuxo referente inicial é a disposición da escritora a desenvolver o seu oficio retratando a tal fin o momento inmediatamente previo á elaboración dun texto novo. Ursula Heinze parece desmitificar ese instante auroral ou inaugural perante os folios en branco. Faino recorrendo á irrupción dunha mosca que paradoxalmente impide a concentración da escritora e acaba sendo obxecto do texto e da historia contada.

Bibliografía secundaria sobre:
Heinze de Lorenzo, Ursula.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org