Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Penas, Ánxeles (2001)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 25, pp. 217-229.

Autopoética da escritora, artista plástica e música Ánxeles Penas na que se postula a natureza non plenamente racional da poesía, actividade vinculada precisamente pola autora á discursivización emocional e sentimental do abraio, da sorpresa, da imposibilidade de comprender. Neste sentido, Penas abeira a súa noción do poético á expresión auroral dunha iluminación cognoscente dirixida ao cosmos ou ao espírito. De aquí, a súa recepción das poéticas místicas e das poéticas do coñecemento, sen desatender vertentes como a existencial e a sagrada. O texto autopoético compleméntase co poema "Territorio" e cunha reflexión en dous tempos sobre a poética da ollada en Pablo Picasso na que se explora a aprendizaxe da mirada artística na infancia coruñesa do pintor.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org