Terceira e última entrega dunha serie de artigos de Xesús Bal y Gay sobre a chamada "nova xeración". Para o autor, un dos retos máis difíciles que ten que superar a nova xeración galega é o da dispersión, provocada tanto pola distancia xeográfica como pola egolatría ou o amiguismo. Ao seu ver, o amor pola loita, que é característico da mocidade, contribuirá a minimizar esta dispersión. Bal y Gay sinala, por outra banda, a necesidade de conservar a personalidade individual dentro do colectivo, así como de aproveitar as vantaxes da dispersión para que a acción común se leve a cabo con precisión e rapidez.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org