Primeira entrega dunha serie de tres artigos de Xesús Bal y Gay sobre a chamada "nova xeración". O autor reflexiona, a propósito dunhas columnas publicadas por Dieste no mesmo xornal, sobre a dinámica das xeracións literarias. Desde a súa perspectiva, é natural a diverxencia de pensamento entre persoas de diferentes xeracións. Porén, se esa discrepancia non se canaliza convenientemente, queda reducida a unha reacción baleira. A posición dos integrantes da nova xeración é delicada pois, se nalgún aspecto coinciden cos "vellos", serán criticados polos seus coetáneos e, se mostran o seu desacordo con algún feito pasado, atoparán a hostilidade dos maiores. Bal remata o artigo cunha chamada ao entendemento e á colaboración.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org