Artigo no que Villar Ponte comenta a proposta do arquitecto Antonio Palacios de crear unha revista literaria galega e mais a réplica de Euxenio Montes a esta. Segundo o autor, as ideas de Palacios e Montes difiren notabelmente: mentres o primeiro pretende publicar un magacine para o fomento do turismo, a intención do segundo é crear unha revista de literatura e arte "puras". Para Villar Ponte, ambos propósitos son demasiado ambiciosos para a conxuntura político-social de Galiza. Ao seu xuízo, os esforzos que levan feito os galeguistas desde o ano 1917 son considerábeis, e dentro dun tempo a cultura galega adquirirá un carácter universal.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org