Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Xavier Frías-Conde inicia o seu artigo cunha análise diacrónica da presenza dos escritores galegos en Madrid e certifica o peso da cidade na historia da literatura en lingua galega. Nesa liña temporal, o grupo Bilbao sería a evolución natural dunha presenza ininterrompida.

A continuación, Frías-Conde aborda as características do grupo e as súas orixes, cita os seus membros (deténdose nos alógrafos), os lugares de encontro e as actividades. Entre estas últimas destaca a participación en recitais e a creación das colección poéticas O Roibén e Alcálima.

Finalmente, ofrécese unha autopoética, unha mostra literaria e un elenco bio-bibliográfico de Vicente Araguas, Xavier Frías-Conde, José Galán, Luis Luna, Verónica Martínez, Manuel Pereira, José Manuel Outeiro e Rafa Yáñez.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org