Sebastián de Orozco na súa obra Teatro Universal de Proverbios (c. 1550-1580) glosou en catro quintillas unha especie de adiviña de catro versos que debeu ouvir na tradición oral da súa época: El abad y su manceba, / y el herrero y su mujer; de tres güevos comen sendos/ ¿esto como puede ser? Esta adiviña tamén está testemuñada na literatura inglesa dese século e na española do século XVII, así como na tradición oral moderna europea (de Irlanda a Polonia) e hispánica, incluída a galega en versións en galego e castelán. Esta adiviña está relacionada con tópicos enigmísticos e contísticos de vellas raíces internacionais e, por todo isto, Pedrosa afirma que probabelmente se trate dunha tradición anterior mesmo á Edade Media.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org