Este artigo analiza o paradoxo enunciativo no que se artella Baleas e baleas, de Luisa Castro. O libro representa a infancia desde a infancia, a través da creación dun suxeito infantil. Se a infancia só existe en tanto que construción posterior do adulto, o discurso de Baleas xorde dunha imposibilidade. O poético asóciase así á irracionalidade, ao primitivo, ao novo e verdadeiro, fronte á inauténtica palabra racional. O infantil funciona, daquela, como contradiscurso, como posibilidade de resistencia á sociedade do traballo escravo e do turismo colonizador.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org