Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Veiga, Martín (2009)
"Avilés de Taramancos e a tradución poética"
25 minutos e 3 segundos





Descrición: Vídeo que recolle a comunicación de Martín Veiga sobre as traducións poéticas de Antón Avilés de Taramancos, no IX Congreso Internacional de Estudos Galegos (A Coruña, Santiago, Vigo, 13-17 de xullo de 2010). Veiga repasa as traducións de Crónica de Saint-John Perse, O cemiterio mariño de Paul Valéry e mais un fragmento da rapsodia XXI da Odisea. Para alén, analízase con demora a xénese do poema "Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio", publicado na revista Dorna en 1983. Veiga revela os vínculos entre esta composición e a tradución por parte do poeta galego de dous poemas do chileno De Rokha, contribuíndo a problematizar os límites entre creación, tradución e intertextualidade.

Tipo de video: Vídeo informativo

Formato: flv

Fonte: UVigo Tv

Metadatos: Avilés de Taramancos, Antón; tradución de poesía; De Rokha, Pablo; Saint-John Perse; Valéry, Paul; tradución e autoría.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org