Reseña crítica de Portuguesse Literature, un estudo da poesía portuguesa e galega do escritor e tradutor inglés Aubrey Fitz-Gerald Bell.
Salvador Lorenzana, pseudónimo de Francisco Fernández del Riego, abre esta reseña cun perfil de Bell e as súas achegas á crítica e tradución das literaturas portuguesa e galega. Destaca os seus comentarios sobre a literatura escrita en galego nos dous momentos áureos, a Idade Media e o Rexurdimento, e di que se interesa pola poesía popular. Remata o artigo, porén, afirmando que para Bell o galego, que é un idioma lírico, presenta innegábeis condicións para se desenvolver na prosa.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org