Ramón Piñeiro desenvolve a súa tese de que a vida espiritual dos pobos se manifesta nas creacións da súa cultura e, xa que logo, a función dos escritores é darlle obxectividade ao inconsciente colectivo. Da fisonomía espiritual de Galicia, que viría conformar o retrato da nación que sofre, salienta tres figuras: Rosalía de Castro, Ramón del Valle-Inclán e Ramón Otero Pedrayo.
Ao seu ver existe unha imaxe rosaliá de Galicia porque a escritora soubo expresar de maneira fonda a dor propia e a da comunidade. Esta "dor do pobo" tamén aparece noutros escritores. Curros Enríquez procura combater as causas da dor e Castelao, porén, máis rosaliano, reviste co "pudor varonil do humorismo". Subliña o contraste entre dor profunda do pobo e fermosura da terra.
A Galicia de Valle-Inclán é o resultado da nostalxia e non ten máis finalidade que a evocación estética da realidade e da cultura popular. Otero Pedrayo, pola súa banda, encarna unha concepción completa da paisaxe, a identificación espiritual do home coa terra e coa realidade de Galicia.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org