Crónica detallada das conferencias pronunciadas no Centro Galego de Barcelona co gallo dos centenarios de Manuel Curros Enríquez, a cargo de Luís Suárez Delgado e Lorenzo Sánchez, e de Emilia Pardo Bazán, a cargo de María Luz Morales e Fernando Neira.
A conferencia de Luís Suárez ábrese cun percorrido biográfico e salienta o poema "Cantiga" de Aires da miña terra. Pola súa banda, o presentador do acto, Lorenzo, a quen a crónica presta máis atención pola súa polémica intervención, demórase na iconografía e nos retratos do escritor, critica o seu papel do intelectual comprometido co seu tempo, e interrógase sobre a popularidade do poeta.
Neira, na súa presentación, retrata a Pardo Bazán como unha das escritoras destacadas nunha xenealoxía de destacadas mulleres galegas. Pola contra, María Luz Morales opta por presentar o seu desexo de escrita (sobre todo como novelista), resume a súa biografía e salienta as súas achegas á narrativa.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org