Impresións da viaxe por Fisterra como lugar onde rematan cultural e xeograficamente Europa e a civilización, e explicación da emoción que produce esa paisaxe a partir dos textos da literatura galega.
Contraponse o carácter "feminino" das Rías Baixas ao carácter "masculino" e baril de Fisterra e percórrese, a través da poesía de Eduardo Pondal, Gonzalo López Abente, Álvaro Cunqueiro, Euxenio Montes, o significado literario do océano, dos cabos, o nordés e os piñeiros.
O artigo leva unha nota biográfica ao pé onde se salienta o labor de Fernández del Riego, que asina co pseudónimo habitual Salvador Lorenzana en La Noche e particularmente na recén creada editorial Galaxia. A nota remata co apoio expreso de Alborada ao proxecto editorial e ao seu editor, co que mantén estreita relación a partir deste número da revista, que conta con moitos colaboradores de Galaxia.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org