Número composto con motivo das eleccións ao Parlamento Europeo do día 7 de xuño de 2009, ás que concorreron algúns candidatos galegos aos que fai referencia a presentación do monográfico. Nel escolmáronse algúns segmentos da plurilingüe Constitución Europea en verso, en cuxa redacción colaboraron entre outros Xavier Queipo, Antonio Gamoneda, Narcis Comadira e Fabio Scotto.
Deseño de "Revista das Letras": Signum.
O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org