Recensión da antoloxía de Helena González A tribo das baleas. Poetas de arestora (Vigo: Xerais, 2001). Constitúe unha representación da poesía galega de finais do século XX a través dun conxunto de textos dos chamados poetas dos noventa, partindo da premisa de que as súas poéticas achegaron "normalidade" ao panorama literario galego. Mostrar a normalidade: esta é a estratexia que segue a escolma para atinxir o seu propósito normalizador. A tradución dos poemas ao castelán e o inglés incide así mesmo na tarefa de prestixiar a cultura galega.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org