Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rivas, Manuel (1993)
"Tiras de piel. La poesía de un gallego contagiado de Thomas Bernhard" [recensión do libro de Lois Pereiro Poemas 1981/1991, 1992]
El País."Babelia": (09/01/1993). pp. 10.

Breve recensión do libro de Lois Pereiro Poesía 1981/1991. Rivas describe a rede intertextual e intermedial coa que dialogan os poemas do libro: as películas de Wenders e  a obra narrativa de Handke e Bernhard en especial. Faino por asociación con datos biográficos que presentan a traxectoria intelectual e a educación estética de Pereiro. O crítico presenta ao poeta como o clásico que ten a literatura galega sen que exista conciencia social desa realidade, tamén como o escritor dun taller multilingüe que porén optou por reservar a súa produción, dotándoa así dun certo sentido sacrificial do que estarían pendentes os seus lectores. Rivas describe esa espera como a disposición para a recepción dunha alegoría sustanciosa na que se combinan as leis do haiku, o vídeo, a plegaria e a cantiga de escarnio.

 
rivas_1993_pereiro.pdf (.pdf 333 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org