Prólogo de Xesús Alonso Montero á edición de Poemas en Lingua Galega de Eduardo Jorge Bosco. O estudo divídese en catro apartados. No primeiro, ofrece datos biográficos do escritor arxentino, ademais dunha explicación do seu achegamento ao galego. Este aspecto permítelle ao prologuista comentar casos semellantes na historiografía literaria galega, en concreto Carles Riba e, quizais, Federico García Lorca.
No segundo punto, ofrece datos de Eduardo Jorge Bosco como escritor, case inédito, e situado dentro da Xeración dos 40.
No terceiro apartado, Alonso Montero analiza, en primeiro lugar, as lecturas e as fontes do poeta alófono e, en segundo lugar, estuda o seu corpus galego, as edicións e a recepción dos seus poemas.
No cuarto apartado, o prologuista –que posúe os orixinais dos poemas galegos– ofrece notas sobre a lingua de Eduardo Jorge Bosco e explica as versións e as variantes dos seus textos, así como o problema da dedicatoria.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org