Prólogo de Xesús Alonso Montero á edición facsímile da Resposta escontra unha inxuria, obra de un percebe copreiro de Cortegada. O estudo consta dunha introdución e catro apartados.
No primeiro apartado explica a "historia e política" do termo "mariscos" e repasa as respostas da prensa galega a ese insulto contra os galegos que combatían no bando nacional.
A continuación, Alonso Montero exemplifica o tratamento da cuestión dos "mariscos" na pluma de Luís Moure Mariño e na de Castelao.
No terceiro apartado, recupera textos dunha escola ou mester de marisquería e nos que os "mariscos" son exaltados.
No último punto, o estudoso céntrase no romance de cego asinado polo copreiro de Cortegada, comenta o seu contido e ofrece outros textos do cantigueiro e do romanceiro galego da guerra civil. No tocante á autoría do romance de cego, achéganse datos que parecen apuntar a Lisardo Rodríguez Barreiro.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org